🧠 “Hoxe en día, en menos de 10 minutos podes acadar unha autonomía de máis de 400 km. E grazas ao software de carga e aos novos compoñentes, as baterías degrádanse moi pouco”. 🔋
A mobilidade eléctrica non é só o futuro: xa é unha realidade. Pero aínda existen moitos mitos arredor dos vehículos eléctricos e das súas baterías. Por iso é fundamental que a ciencia e a industria fagan divulgación rigorosa para combater a desinformación.
E iso é exactamente o que fan a nosa compañeira Alba Tuñas Cantorna, directora do proxecto de grafito para baterías que estamos a desenvolver en Resonac Graphite, e o investigador Israel Temprano, da Universidade da Coruña e da Universidade de Cambridge, nesta entrevista para o programa “De 0 a 100” de La Voz de Galicia, que se gravou no IES Monte das Moas (A Coruña) co seu alumnado como público activo.
Alba e Israel codirixen a Cátedra Resonac‑UDC Sparking Truth, coa que estamos a impulsar a innovación para mellorar aínda máis as baterías e o coñecemento sobre mobilidade sostible.
▶️ Podes ver a entrevista completa aquí: https://lavoz.gal/pon6i
Grazas a La Voz de Galicia S.A. e a Iago García por contar con nós para facer divulgación rigorosa e de valor.
#SomosResonac #XuntosCaraOCambio #SparkingTruth #UDC #MobilidadeSostible #VehículosEléctricos




