UDC e Resonac lanzan o laboratorio Sparking Truth

A Coruña, 23 de setembro de 2024 – A Universidade da Coruña e a empresa Resonac Graphite Spain S.A.U. presentaron oficialmente unha nova colaboración universidade-empresa: a Cátedra Resonac–UDC Sparking Truth. O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e o presidente e CEO da Unidade de Negocio de Grafito de Resonac, César Castiñeira, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a creación da Cátedra.

Un dos principais obxectivos desta Cátedra é a creación do Laboratorio de Investigación en Sistemas para a Transición Enerxética (LISTE–Resonac), así como o desenvolvemento doutras actividades de investigación, formación, divulgación e transferencia de coñecemento.

Tanto o Laboratorio como a Cátedra estarán dirixidos polo investigador Israel Temprano, licenciado en Química pola Universidade da Coruña e doutor en Química pola Universidade Laval (Quebec, Canadá). Conta cunha ampla traxectoria investigadora na Universidade de Cambridge, no Reino Unido. Dende o ano pasado, Temprano forma parte do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña, ao que se incorporou cunha axuda Beatriz Galindo do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

O obxectivo deste laboratorio é desenvolver novos materiais para aplicacións relacionadas coa enerxía. A investigación centrarase en procesos electroquímicos para implementar tecnoloxías baseadas en fontes de enerxía renovables para a xeración (como a fotovoltaica), o almacenamento (baterías e supercondensadores) e a transformación (captura de carbono e xeración de hidróxeno).

Un dos retos será estudar diferentes tipos de baterías co fin de melloralas, aumentar a súa capacidade de almacenamento de enerxía e reducir o seu impacto ambiental.

About
Resonac.

Resonac Graphite Business Unit is a leading provider of advanced graphite solutions for industrial applications. With a focus on innovation, sustainability, and client success, we support key sectors such as metallurgy, energy, and high-temperature processes.

Related news