UDC-Resonac
Cátedra
Sparking Truth:
Innovación na
Transición Enerxética.

Investigación aplicada para un futuro sostible

Sobre
Nós.

A misión principal da Cátedra UDC‑Resonac Sparking Truth é promover a investigación aplicada no ámbito da enerxía, con especial atención á enerxética cara a fontes limpas e renovables.

A Cátedra Sparking Truth xurdiu da sinerxía entre Resonac GBU e o grupo de investigación Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética LISTE‑Resonac da Universidade da Coruña (UDC). Esta colaboración ten por obxecto desenvolver novos materiais e tecnoloxías que melloren a eficiencia e a sustentabilidade dos sistemas enerxéticos, como baterías, supercapacitores, almacenamento de hidróxeno e captura de carbono. Para alcanzar estes obxectivos, a cadeira estableceu o Laboratorio Liste–Resonac, dirixido polo Dr. Israel Temprano, que acolle un grupo de investigadoras e investigadores e estudiantes da UDC. Este laboratorio céntrase no desenvolvemento de materiais avanzados, como o grafito, para o uso en vehículos eléctricos e outros sistemas enerxéticos sostibles.

Ademais da investigación, a cadeira tamén promove a formación de talento especializado e ta transferencia de coñecemento entre a universidade, a industria e a sociedade en xeral, fortalecendo a colaboración público‑privada no sector enerxético.

Israel Temprano y Alba Tuñas
De esquerda a dereita:
Alba Tuñas Cantorna Directora de Battery Business Development en Resonac, Israel Temprano Investigador – Química (UDC, Laval, Cambridge)

Alba 
Tuñas

Enxeñeira química con máis de 10 anos de experiencia internacional en Alemaña, Suecia e China. Tras completar os seus estudos en Santiago de Compostela e realizar a súa Tese de Máster na Universidade Técnica de Dresden, iniciouse na súa carreira en 2013 en Evonik GmbH (Alemaña), desenvolvendo electrodos para baterías de vehículos eléctricos.

En 2017 incorporouse a Volkswagen AG en Salzgitter como enxeñeira de I+D, contribuíndo ao deseño e ás especificacións da primeira planta piloto de baterías do grupo. En 2021 asumiu o papel de xestora de proxectos para axudar no lanzamento da Gigafactory de Northvolt en Suecia e máis tarde liderou a planificación das Gigafactories de Volkswagen en Salzgitter e en Sagunto (España).

No 2024, tras unha exitosa carreira internacional, decidiu continuar o seu percorrido profesional en Galicia. Actualmente é Directora de Battery Business Development en Resonac (A Coruña), liderando proxectos clave no sector das baterías.

Israel 
Temprano

Investigador científico con grao en Química pola UDC e doutoramento e mestrado pola Universidade Laval en Québec, Canadá. Tras unha etapa como investigador posdoutoral Marie Skłodowska‑Curie na Universidade de Liverpool, e unha carreira extensa na Universidade de Cambridge (Reino Unido), Israel uniu­se ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e á UDC en 2024, onde agora traballa como líder de grupo e investigador principal no CICA.

Ten unha dobre adscrición coa UDC e coa Universidade de Cambridge, onde segue como investigador principal en varios proxectos relacionados coas baterías e coa captura e almacenamento de carbono. Israel tamén é investigador principal no instituto europeo ALISTORE e investigador asociado da institución Faraday no Reino Unido.

Israel lidera o recentemente establecido laboratorio LISTE‑Resonac. Este laboratorio estuda a integración entre os distintos compoñentes que conforman os sistemas electroquímicos, como as baterías, mapeando a súa reactividade interfacial —que limita o seu rendemento e duración— usando técnicas de desenvolvemento propio.

En particular, o laboratorio LISTE‑Resonac céntrase en estudar esta reactividade en condicións operativas, o que permite detectar procesos de degradación con maior precisión e rapidez que os métodos tradicionais, acelerando o desenvolvemento de novos materiais e a súa integración en sistemas enerxéticos.

Laboratorio
de Investigación
de Sistemas para a
Transición Enerxética LISTE-Resonac.

O grupo de investigación LISTE, dirixido por Israel Temprano, está enfocado no desenvolvemento de novos materiais para aplicacións relacionadas coa enerxía.

O seu traballo axudará a impulsar a implementación de tecnoloxías que empregan fontes limpas e renovables para a xeración, almacenamento e transformación da enerxía, e promoverá avances nas baterías de vehículos eléctricos a través da investigación de materiais como o grafito, un compoñente clave dos ánodos das baterías de vehículos eléctricos.

O grupo aspira a aumentar a eficiencia, a densidade enerxética, as capacidades de potencia e a relación custo‑rendemento das baterías de ión litio, ao tempo que reduce o seu impacto ambiental.

Membros
do Grupo

Daniel Rodríguez Ramon
Investigador Postdoutoral

Israel Temprano Fariña
Investigador Postdoutoral (Beatriz Galindo)

Carlos Marchante Fernández
Investigador Predoutoral

Robert Kamalov
Investigador Predoutoral

Leticya Cavalcante
Investigadora Predoutoral

Proxectos
Destacados.

Noticias
Recentes.

No results found.